Avanza a bo ritmo a colocación da varanda na senda peonil de Ribadavia que permitirá mellorar a seguridade deste tramo.
A senda peonil que se está a construír na N-120 ó seu paso pola localidade de Ribadavia, conta xa con máis de 100 metros de varanda colocada. A seguridade dos peóns que transitan esta zona aumenta notablemente coa nova senda.
Xa queda pouco para que rematen as obras que terán continuidade nunha segunda fase que está en proxecto.