Noticias

Manuel Pardo dá a benvida á nova xefa da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión coa nova responsable da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) na provincia, a enxeñeira de Obras Públicas Natalia Varela, á que trasladou os seus mellores desexos nesta nova etapa profesional.

Manuel Pardo dá a benvida á nova xefa da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

Durante o encontro, celebrado nas dependencias da Delegación Territorial, Pardo destacou a importancia do labor da AXI na mellora e conservación das infraestruturas viarias da provincia, subliñando que o traballo coordinado entre administracións é clave para garantir a seguridade e a vertebración territorial de Ourense.

Manuel Pardo dá a benvida á nova xefa da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense
Foto: Delegación da Xunta en Ourense

O delegado aproveitou tamén a ocasión para recoñecer o traballo desenvolvido polo seu antecesor, Marcos Buíde, quen deixa o cargo para incorporarse como xefe da sección técnica na Área de Construción e Conservación da AXI en Santiago de Compostela. Pardo agradeceu o seu compromiso e profesionalidade durante o tempo que estivo á fronte do servizo en Ourense e desexoulle éxito na súa nova responsabilidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.