Desde o vindeiro luns, 30 de xuño, o Concello de Ourense modificará os horarios das liñas 1 (Seixalbo – Quintela / Seixalbo – Santa Cruz), 3 (Rairo – Quintela) e 33 (Quintela – O Cumial) do servizo de autobuses urbanos co obxectivo de mellorar a súa puntualidade.
Estes axustes forman parte dunha reorganización máis ampla que o goberno municipal prevé implantar ao longo do verán, pero que se adianta parcialmente nestas tres liñas para corrixir os atrasos recorrentes que viña sufrindo o servizo.
Axustes nos horarios das liñas 1, 3 e 33 do bus urbano desde o luns
“Non podemos permitir retrasos que historicamente se estaban producindo no servizo de autobuses simplemente porque os tempos estaban mal calculados. Se os horarios están calculados á baixa, sempre vas chegar tarde”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Segundo explicou o rexedor, os novos horarios “axústanse á realidade” e permitirán que os autobuses cheguen nas horas previstas. Grazas a esta reorganización, a veciñanza de Quintela contará cun bus cada 20 minutos, mellorando así a frecuencia e a accesibilidade ao transporte público.