Noticias

O Concello de Ourense axusta as novas liñas de autobús

O Concello de Ourense continúa coa optimización do servizo de autobuses urbanos tras a posta en marcha da nova rede o pasado 16 de setembro.

Segundo o goberno local, a primeira avaliación confirma unha puntualidade superior ao 95%, moi por riba do pasado, cando os atrasos alcanzaban o 50%.

O Concello de Ourense axusta as novas liñas de autobús

Dentro desa política de mellora do servizo, introdúcense axustes para mellorar o funcionamento e atender demandas veciñais.

O Concello de Ourense axusta as novas liñas de autobús

O executivo municipal lembra que “un deseño non debe ser algo pechado, senón aberto a cambios”. Os primeiros axustes aplicaranse o luns 29 de setembro, con modificacións en denominacións, percorridos e horarios:

  • Liña 1: Sexto Instituto – Berrocás (antes 1A, con novo horario).
  • Liña 2: Covadonga – Berrocás (antes 1B, agora con saída desde Covadonga).
  • Liña 4: prolongarase desde a estación de autobuses ata Eirasvedras, ofrecendo conexión cada 30 minutos para veciñanza de Eirasvedras, Quintela e O Pino.
  • Liña 7: esténdese desde Cudeiro até A Valenzá, con frecuencias de 30 minutos para facilitar o acceso a servizos como o centro de saúde da Ponte.
  • Liña 8: Parque de San Lázaro – A Milagrosa – Residencia, cun novo horario.

O concello avanzou que o luns 6 de outubro se introducirán novos cambios, e que en marzo de 2026 está prevista a incorporación da liña circular, pechando o proceso de adaptación da rede.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.