Noticias

A Banda de Gaitas de O Irixo quere gardar a súa historia

A Banda de Gaitas e Danzas de O Irixo quere gardar a súa historia mediante a recompilación de todo o material que garde relación coa súa actividade.

“Cada aspecto da existencia -sexa esta persoal ou institucional- deixa un rastro, e, se ese rastro se borra ou se perde, os actos quedarán só na lembranza, no recordo, ata a súa perda definitiva”.

A Banda de Gaitas de O Irixo quere gardar a súa historia

Esta cita do Arquivo da real Academia Galega mostra a importancia que ten recoller e preservar todo o material que sirva de testemuña da traxectoria desta agrupación. Desde a Banda de Gaitas de O Irixo fan un chamamento para que todas as persoas que posúan material que faga referencia á agrupación o faga chegar para poder crear o arquivo.

Partituras, documentos, fotos, vídeos ou calquera outro material que poida ser recollido contribuirá para deixar testemuña da historia da Banda de Gaitas de O Irixo.

A Banda de Gaitas de O Irixo quere gardar a súa historia

Botón volver arriba