O concello de Bande celebrará o Samaín o martes, 31 de outubro, con diversas actividades que terán lugar no Pavillón Municipal de Deportes.
Entre as propostas que a organización preparou para esa xornada atópanse un Obradoiro de Cabazas e unha festa infantil con inchables, pintacaras e un túnel do terror.
Bande celebrará o Samaín
16h – Obradoiro de Cabazas
17h – Festa Infantil (Inchables, túnel do terror, xogos e pintacaras)