Noticias

Barbadás atende a 160 menores no servizo de Bos Días

O concello de Barbadás atende a 160 menores no servizo de Bos Días que se ofrece nos dous colexios públicos, CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro.

Cunha poboación superior ós 11.000 habitantes, o concello de Barbadás ofrece varios servizos que faciliten a conciliación fas familias.

Barbadás atende a 160 menores no servizo de Bos Días

Desde a concellería de Educación, dirixida por Marga Pérez, indícase que son un total de 160 nenos e nenas os que forman parte do programa Bos Días. Este servizo atende ós menores en horario de 7:30h a 9:15h para facilitar a entrada ó traballo dos pais e nais antes do inicio do horario escolar.

«Para que poidan compaxinar a vida laboral e persoal, para que a natalidade aumente e moitas familias sigan escollendo Barbadás para vivir», indica Marga Pérez como principais obxectivos deste servizo.

Barbadás atende a 160 menores no servizo de Bos Días

O concello de Barbadás tamén presta nestes dous centros educativos un servizo de gran importancia para as familias. O servizo de Muda Escolar (de balde) facilita a atención ós menores por parte de persoal municipal evitando as incomodidades que suporían para as familias ter que acudir ó centro para cambiar a un escolar.

A maiores, o concello ofrece varias actividades no horario posterior ó comedor (15:30h a 16:30h) para facilitar a recollida dos menores.

Botón volver arriba