Eventos

Barbadás celebra o Día Mundial da RCP

O concello de Barbadás celebra o Día Mundial da RCP con varias actividades baixo o lema «As túas mans salvan vidas».

A concellería de Educación organiza estas actividades nas que se ofrecerá formación básica sobre a RCP.

Barbadás celebra o Día Mundial da RCP

O mércores, 16 de outubro, terá lugar a primeira das actividades previstas. Esta programación continuará os días 21, 22 e 23 de outubro con propostas nas que poderá participar toda a cidadanía.

Programa do Día Mundial da RCP

  • Mércores, 16 de outubro
    17h – Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB (Rotonda da Familia).
  • Luns, 21 de outubro
    Taller Práctico de Soporte Vital (con maniquíes simuladores) impartido por Brais Ramos López e dirixido a todo o público en xeral.
    10h – Fonval
    16h – CEIP O Ruxidoiro
    18:30h – Escola Infantil Municipal
  • Martes, 22 de outubro
    Taller práctico «Soporte Vital Básico para Escolares» impartido por María Méndez Lage e dirixido ó profesorado e alumnado dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato.
  • Mércores, 23 de outubro
    Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB no Polideportivo Municipal.
Barbadás celebra o Día Mundial da RCP

Botón volver arriba