O Concello de Barbadás celebrará a semana do libro con varias propostas nas que terá relevancia o comercio local e que irán desde o 22 ó 27 de abril.
A celebración do Día do Libro o 23 de abril leva ó concello de Barbadás a programar varias actividades durante unha semana.
Barbadás celebrará a semana do libro
Desde o luns, día 22, ata o sábado, 27 de abril, contacontos, visitas á biblioteca e presentacións literarias forman parte do programa de actividades.
Nesta Semana do Libro colaboran os establecementos comerciais relacionados co sector do libro. As librarías Carlin, Espa, Moraima e Valenzá acollerán sesións de contacontos.
Programa da Semana do Libro de Barbadás 2024
Luns, 22 de abril
- 18:30h – Contacontos – Libraría Carlin
- 19:15h – Contacontos – Libraría Espa
Martes, 23 de abril
- 10h – Contacontos – Biblioteca Municipal
- 19:30h – Presentación do libro «A única María Casares» na Biblioteca Municipal
Mércores, 24 de abril
- 18:30h – Contacontos – Libraría Moraima
- 19:15h – Contacontos – Libraría Valenzá
Xoves, 25 de abril
- 10:30h – Xogos para alumnado da Escola Infantil na Biblioteca Municipal
Sábado, 27 de abril
- Ruta literaria da obra de María Oruña «O souto dos catro ventos«. Clubes de lectura «Chá con palavras» (Portugal) e «Café con letras» (Barbadás)