Barbadás recoñeceu esta semana os mellores escaparates de Nadal do municipio coa entrega dos diplomas do Concurso de Escaparates de Nadal.
Esta iniciativa impulsada polo Concello serve para dinamizar o comercio e a hostalaría local durante as festas.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto co tenente alcalde, Daniel Rey, foron os encargados de facer entrega dos galardóns aos establecementos gañadores, destacando o esforzo creativo e o compromiso do tecido empresarial coa imaxe e a vida comercial do municipio.

Na categoría de hostalaría, o primeiro premio foi para a Cafetería Oren Express, mentres que na categoría de comercios o xurado outorgou o primeiro premio a Donicela e o segundo a Centro Adiante.
Desde o Concello salientan que o certame busca incentivar a participación dos establecementos locais, mellorar a ambientación das rúas durante o Nadal e favorecer a actividade económica en Barbadás. O goberno municipal trasladou tamén os seus parabéns a todos os negocios participantes polo nivel amosado nesta edición.

