Barbadás terá unha Foliada polas Letras Galegas que reunirá na Carballeira do Parque dos Carrís a artesáns e grupos musicais para dar forma a unha importante xornada cultural.
O Concello de Barbadás non se queda atrás para celebrar o Día das Letras Galegas. O formato escollido polo goberno municipal supón a organización da I Foliada de Barbadás.
Barbadás terá unha Foliada polas Letras Galegas
Na presentación do evento, varios membros do goberno municipal mostraron a liñas maestras deste acto. Marga Pérez, concelleira de Cultura, puxo o foco na defensa da lingua, «celebrar o día das Letras Galegas, da nosa lingua, a cal temos que mimar, protexer, valorar e homenaxear».
Un desfile musical pola Avenida de Celanova para dirixirse a continuación cara o entorno do Pavillón Municipal. Un xantar e actuacións musicais durante a tarde rematarán cunha queimada. Non faltarán durante a xornada os espazos para o recordo de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado en 2022, e os postos dos distintos artesáns.
«O obxectivo desta primeira Foliada do Día das Letras Galegas é por en valor a nosa lingua, que é a esencia, a alma da nosa cultura e do noso pais», destacou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
Programa da Foliada
- 12h – desfile pola rúa principal de A Valenzá ata a Carballeira dos Carrís.
- 13:30h – concerto musical
- 14h – xantar popular
- 17h – actuacións musicales
- 20:30h – gran queimada
Listado de agrupacións participantes
- Airiños de Arnoia,
- De pé feito,
- Xunquereteiras,
- Velaí Vai,
- Banda de gaitas Nova Fronteira,
- As Lambisqueiras de Barbadás,
- Pandereteiras de Sobrado do Bispo,
- Banda Infantil de Música de Barbadás,
- Banda Xuvenil de Música de Barbadás e a
- Charanga BBB.
Listaxe de artesáns/as
- Entrefíos, bordados personalizados;
- Alma Meiga, aceite;
- Artesanías Mari,trenzas, pulseiras;
- Palilleiras de Barbadás;
- Mel Martínez;
- Belacolmea, cosmética a base de mel;
- Gaia Contigo, herborario;
- Eliezer López, rosquillas;
- Sandra López, rosquillas;
- Carmen Vázquez, rosquillas;
- Cervexa A Esmorga;
- A Montaña de Entrimo, queixos;
- Asociación Camiño Termal, antigüidades;
- Xoias Lentas e
- Pablo Martínez, musical galega.