Eventos

En Barbadás o Verán é Cultura

En Barbadás o Verán é Cultura é o título da programación que elaborou o concello para os próximos meses e que se realizará no Parque dos Patos.

Unha decena de espectáculos de música, maxia, teatro ou circo para todas as idades forman parte dunha programación cultural xa habitual neste concello para os meses de verán.

En Barbadás o Verán é Cultura

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, tenente de alcalde, e Ana Balén Peleteiro, concelleira de Cultura, presentaron a programación de 2024 do Verán Cultural de Barbadás. Esta programación destaca polas actuacións «frescas e variadas para involucrar a toda a poboación, porque a cultura non colle vacacións».

Xosé Carlos Valcárcel destacou na presentación «a importancia de sacar a cultura á rúa, que é precisamente o que pretendemos dende o Concello». Unha das novidades desta edición é o acto que se realizará o 28 de xuño polo Día da Diversidade LGTBI. Valcárcel cree «xa que se trata dun colectivo que merece a nosa atención e que ofrece unha gran colaboración ao mundo cultural».

En Barbadás o Verán é Cultura

Sobre lugar que acollerá estes espectáculos, Victoria Morenza considera que é «un espazo privilexiado como é o Parque dos Patos, ata o que se achegan veciños e veciñas doutros concellos próximos e no que se habilitarán cadeiras para favorecer un lugar de encontro e para que o público poida desfrutar dos espectáculos».

Programa Verán Cultural Barbadás 2024

Todas as actuacións previstas no programa cultural de Barbadás para o verán 2024 comezarán ás 21h.

26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.

27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.

28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.

4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.

11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.

18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.

1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.

8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.

22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.

29 de agosto. Concerto de Gin Toni´s.

Botón volver arriba