A Biblioteca Municipal de Barbadás é recoñecida a nivel nacional ó ser galardoada co Premio María Moliner que recoñece a súa labor na promoción cultural e educativa.
O Ministerio de Cultura concede este galardón dotado con 2.772 euros en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias.
A Biblioteca de Barbadás é recoñecida a nivel nacional
Esta cantidade que percibirá o concello de Barbadás irá destinada integramente para mercar novos libros e ampliar o catálogo da biblioteca municipal.
Unha das principais razóns que permitiron á Biblioteca Municipal de Barbadás ser galardoada co Premio María Moliner é o proxecto «A tartaruga Catalina viaxa ao mundo dos libros». Esta iniciativa inclúe talleres mensuais, colaboración cos centros educativos, contacontos ó aire libre e casiñas de madeira situadas nas distintas parroquias onde se produce un intercambio de libros entre a veciñanza.
Marga Pérez, exconcelleira de cultura e responsable do proxecto, Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Ana Peleteiro, concelleira de cultura, e Emilio González, subdelegado do goberno en Ourense, realizaron unha visita ás instalacións da Biblioteca Municipal.
As Bibliotecas Municipais de Verín, Cenlle e Esgos tamén foron galardoadas co Premio María Moliner 2023.