Noticias

O BNG apoia a recollida de sinaturas a favor da sanidade

O BNG apoia a través dos seus responsables autonómicos e municipais a recollida de sinaturas a favor da sanidade que realizan veciños e veciñas da Ponte e o Vinteún.

Esta iniciativa veciñal ten como principal obxectivo impulsar a mellora das infraestruturas sanitarias no barrio.

O BNG apoia a recollida de sinaturas a favor da sanidade

«Hoxe como veciña do barrio da Ponte e como nai, poño voz á indignación de miles de veciños e veciñas que están fartos da situación do noso Centro de Saúde. Desde hai máis de 15 anos levan prometéndonos un novo Centro de Saúde no Vinteún que poña punto e final á saturación deste e que dea cobertura a toda a xente que vive nesa parte do distrito. Persoas que en moitos casos son maiores e ás que supón un enorme esforzo desprazarse ata aquí» indicou Whitney, impulsora desta iniciativa.

Na súa exposición dos feitos denunciados figura unha discriminación continuada do barrio. «Nós somos o barrio máis grande de Ourense pero estamos a ser un barrio castigado. Primeiro vimos como facían a chapuza da intermodal e deixaban sen espazo de ampliación este Centro, que soporta un montón de tráfico e de ruído e que como vedes, non temos nin un paso de cebra decente».

O BNG apoia a recollida de sinaturas a favor da sanidade
Foto: BNG de Ourense

Para tentar mudar esta situación, Whitney destaca que os «veciñas e veciños impulsamos esta Proposición non de Lei de Iniciativa Popular co apoio do BNG, a quen acudimos pola súa recente campaña de protesta».

Botón volver arriba