Noticias

O BNG atopa «moitas dúbidas» no novo PXOM

O grupo municipal do BNG atopa «moitas dúbidas» no novo PXOM tras poder realizar unha primeira avaliación do documento.

«As dúbidas existentes, e así se reflexa en diferentes informes que forman parte do expediente, en relación á seguridade xurídica de todo o prodecemento administrativo seguido ao longo deste tempo» sinalan desde a formación nacionalista.

O BNG atopa «moitas dúbidas» no novo PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal que o goberno de Ourense enviou á Xunta de Galicia atópase nunha fase de análise e avaliación.

Luís Seara, portavoz nacionalista, destaca as «moitas dúbidas existentes en torno a se o procedemento de aprobación das modificacións levadas a cabo pola Alcaldía foi a través do Órgano competente ou non, sobre se as modificacións supoñen unha modificación substancial do Plan, o que obrigaría a unha nova exposición pública do mesmo ou non, ou sobre as posíbeis indemnizacións ás que tería que facer fronte o Concello no futuro e referidas a algúns dos cambios introducidos».

O BNG atopa "moitas dúbidas" no novo PXOM
Foto: BNG

Para Seara, este documento «ten que ter máximas garantías» debido á súa importancia para o concello. «Non pode quedar resquicio algún a que por un defecto de forma ou por unha mala aplicación ou interpretación dun procedemento, o Plan poida rematar na Xustiza nun futuro e mesmo ser anulado pois as consecuencias para o Concello serían altamente gravosas».

Antes estas dúbidas, desde o BNG solicitan unha nova exposición pública do Plan. Entende o BNG que as modificacións realizadas desde a última exposición son «da suficiente entidade como para ser coñecidas pola veciñanza».

Botón volver arriba