O BNG de Barbadás explica a súa negativa ó posto da Garda Civil que se pretende instalar na Valenzá e que contaría cun cadro de persoal duns 30 axentes.
No último pleno do concello de Barbadás aprobáronse dúas mocións relativas á solicitude para instalar un Posto fixo da Garda Civil no municipio.
O BNG de Barbadás explica a súa negativa ó posto da Garda Civil
En ambos casos «o BNG votou en contra das mocións nas que se manifestaba o interese do concello por contar cun Posto da Garda Civil no noso municipio», indica Sarín Núñez, candidato do BNG á alcaldía. As razóns para este voto negativo «teñen que ver coa falta total e absoluta de información sobre a súa ubicación ou polo elevado custe que tería para as arcas municipais pois o concello correría cos gastos derivados do aluguer do local e estamos a falar de entre 2.500 e 3.000 euros o mes».
Incide o candidato en que «o que debería facer o Goberno Local, e fará o BNG no vindeiro mandato se temos responsabilidades de goberno, é potenciar a nosa policía dotándoa de máis persoal que permita cubrir as 24 horas os 365 días do ano e de máis medios materiais para que poidan desenvolver o seu traballo».