Noticias

O BNG inicia en Ourense unha campaña de sinaturas contra o novo mapa de liñas de bus

O BNG de Ourense puxo en marcha este luns unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a rectificación do novo mapa de liñas e dos horarios do transporte público municipal.

A iniciativa arrincou na parada da Alameda, na rúa do Progreso, e trasladarase nos vindeiros días a outros puntos estratéxicos como o Parque de San Lázaro, o CHUO, o Campus universitario ou a estación Intermodal.

O BNG inicia en Ourense unha campaña de sinaturas contra o novo mapa de liñas de bus

Segundo explicou o voceiro nacionalista, Luís Seara, a acción responde ao “enorme descontento e malestar” da veciñanza coa reorganización do servizo.

O BNG inicia en Ourense unha campaña de sinaturas contra o novo mapa de liñas de bus
Foto: BNG

Moita xente pregúntase con impotencia como facerlle chegar ao alcalde a súa queixa. Nós ofrecémonos a ser esa canle de transmisión, a pé de rúa, recollendo sinaturas para levarlle o aval de centos de veciñas e veciños que lle din non a esta proposta”, sinalou.

O BNG considera que a reorganización empeora a conectividade existente e non garante nin os horarios aprobados nin as necesidades reais da cidadanía. A campaña baséase nunha queixa modelo, aberta á sinatura de calquera persoa interesada, na que se recollen as deficiencias detectadas desde a entrada en vigor das novas liñas. O documento insta ao alcalde a unha “rectificación total” do plan, que segundo Seara está a xerar “un problema estrutural sobre a mobilidade do concello”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.