Noticias

O BNG do Carballiño rexeita o pacto de goberno

O BNG do Carballiño rexeita o pacto de goberno alcanzado entre o PSdG-PSOE e o PP para os tres anos que restan de mandato.

Desde o grupo municipal do BNG móstranse «absolutamente contrarios ao pacto acadado» que «só responde a intereses particulares de PP e PSOE e non aos interese xerais da veciñanza».

O BNG do Carballiño rexeita o pacto de goberno

Sofía García, portavoz do BNG, destaca que «a única alternativa transformadora, con proxecto político para mellorar a vida da veciñanza do do Carballiño, é o BNG». Para García, o pacto de goberno supón «darlle un formalismo a algo que na práctica viña sucedendo con asiduidade pois PP e PSOE levan moito tempo negociando».

O BNG do Carballiño rexeita o pacto de goberno

Remata a portavoz nacionalista lembrando que «o BNG nunca tomará parte deste xeito de facer política que están a practicar o resto das forzas políticas no Carballiño».

Botón volver arriba