Noticias

O BNG critica a xestión na compra dos novos autobuses en Ourense

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ourense denuncia a mala xestión do alcalde Gonzalo Pérez Jácome na compra da nova flota de autobuses para o servizo de transporte público.

Desde o inicio, os nacionalistas mostraron dúbidas sobre a idoneidade da adquisición directa por parte do Concello. Estas reservas convertéronse en rexeitamento ao coñecerse a tipoloxía dos vehículos adquiridos.

O BNG critica a xestión na compra dos novos autobuses en Ourense

O portavoz do BNG, Luís Seara, lembra que a súa formación xa defendía que os autobuses debían incluírse no prego de licitación do servizo e que primeiro era necesario definir o novo mapa de liñas. Ademais, critica a elección dos chamados “busitos”, pois as referencias doutros lugares xa demostraban que este tipo de vehículos non ofrecía bos resultados.

Seara acusa a Jácome de insistir na compra destes minibuses, gastando preto de tres millóns de euros en vehículos que cualifica de “auténtica estafa”. Segundo o BNG, desde a súa posta en funcionamento en decembro de 2023, os busitos sufriron constantes avarías en portas, calefacción, aire acondicionado, rampas e paneis luminosos. Tamén sinalan que a súa escasa capacidade obriga moitos usuarios a quedar nas paradas por falta de espazo.

O BNG critica a xestión na compra dos novos autobuses en Ourense
Foto: BNG

O problema agrávase porque, segundo o BNG, máis da metade destes minibuses están avariados e aparcados nunha nave en Quintela. Ademais, denuncian que un dos vehículos xa está a ser despezado para recambios sen ter percorrido un só quilómetro, malia que custou preto de 200.000 euros.

Os nacionalistas consideran que a xestión dos busitos foi “nefasta, neglixente e económicamente ruinosa”, polo que pedirán a reprobación do alcalde e esixirán explicacións sobre o que consideran unha das maiores estafas vividas no Concello de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.