Noticias

O BNG denuncia as agresións ó parque Antonio Faílde

O BNG denuncia as agresións que está sufrindo o parque Antonio Faílde como consecuencia das obras de construción dunha senda peonil.

A rúa Pardo de Cela, ó carón do Pavillón dos Remedios, é un dos espazos onde se constrúe unha senda peonil impulsada pola Xunta de Galicia.

O BNG denuncia as agresións ó parque Antonio Faílde

Os traballos realizados están provocando importantes danos ó parque Antonio Faílde que xa foron denunciados polo BNG no concello de Ourense.

O BNG denuncia as agresións ó parque Antonio Faílde
Foto: BNG de Ourense

Luís Seara destaca os danos a «unha das poucas zonas verdes das que temos na cidade volve ser obxecto dunha agresiva e innecesaria intervención ao noso entender». O portavoz nacionalista lembra que «os ataques ao patrimonio natural no Concello de Ourense veñen sendo unha constante ao longo dos últimos anos».

Incide Seara no erro de «substituir unha zona verde por unha de cemento». Para Luís Seara, esta situación «non é un avance é un retroceso, máxime nunha cidade como Ourense». Destaca Seara que «as altas temperaturas e a necesidade de adaptar o entorno no que vivimos ás novas condicións climáticas antóllanse non como un capricho senón como unha necesidade vital».

Como conclusión, Seara destaca que «precisamos unha cidade máis verde, máis amable e máis vivible». Este modelo non se corresponde «coas actuacións que se están a levar a cabo, entre elas, unha senda peonil máis que cuestionable e que polo que vemos xera e vai xerar máis problemas dos que xa temos, imos na dirección contraria ao que se está a facer noutros lugares de Galiza, do Estado e do mundo. As cidades camiñan cara a recuperación de espazos naturais. Menos cemento e máis verde, en Ourense imos ao rever, cada vez temos máis cemento e menos verde».

Botón volver arriba