Noticias

O BNG de Barbadás pide a dimisión inmediata do alcalde

O BNG de Barbadás esixe a dimisión inmediata do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e que renuncie á súa acta de concelleiro tras a denuncia por un presunto caso de acoso sexual e laboral no Concello.

A formación nacionalista anunciou que levará esta petición á Xunta de Portavoces convocada polo propio alcalde, ao considerar “totalmente inaceptable” a súa actuación desde que se coñeceu a denuncia.

O BNG de Barbadás pide a dimisión inmediata do alcalde

Segundo o BNG, Valcárcel intentou ocultar os feitos, actuando con permisividade cara ao presunto acosador, ao que mantivo no goberno municipal durante dez días, tal e como el mesmo recoñeceu publicamente.

O BNG de Barbadás pide a dimisión inmediata do alcalde

Desde o BNG de Barbadás tamén censuran que o rexedor culpabilizase á denunciante e exercese sobre ela unha actitude intimidatoria aproveitando a súa condición de alcalde. A organización considera que esta conduta agrava a situación e supón un grave deterioro da confianza na institución municipal.

A formación nacionalista afirma que Barbadás “non merece un alcalde que se escude nunha suposta vinganza interna socialista” nin que evite dar explicacións claras sobre a súa actuación. Ao seu xuízo, as declaracións públicas realizadas por Valcárcel incrementan as dúbidas sobre a súa xestión deste caso.

O BNG de Barbadás pide a dimisión inmediata do alcalde

O BNG conclúe que a única saída responsable pasa pola dimisión inmediata como alcalde e pola renuncia á acta de concelleiro, para preservar a dignidade institucional do Concello de Barbadás.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.