Noticias

O BNG presenta emendas á ordenanza da piscina das Burgas

O BNG rexistrou emendas á Ordenanza municipal da piscina termal das Burgas co obxectivo de garantir a xestión pública, evitar a privatización e avanzar cara á gratuidade para a veciñanza de Ourense.

A iniciativa foi explicada polo portavoz municipal nacionalista, Luís Seara, que cuestiona as intencións do Goberno local.

O BNG presenta emendas á ordenanza da piscina das Burgas

Seara manifestou as súas dúbidas sobre o fondo da proposta municipal e advertiu de que “moito nos tememos que detrás desta proposta o que hai é exclusivamente un intento de dilatar a apertura da piscina e abrir a porta á privatización non só da piscina senón da totalidade do complexo”.

O BNG presenta emendas á ordenanza da piscina das Burgas
Foto: BNG

Segundo o BNG, o establecemento de prezos pode servir como coartada para xustificar unha baixa utilización da instalación.

O portavoz nacionalista considera inxusto que empadroados e non empadroados paguen o mesmo. “Non nos parece acaído que todas as persoas teñan que pagar a mesma cantidade”, sinalou, aínda que recoñeceu que a xurisprudencia impide facer diferenzas directas polo empadroamento. Por iso, o BNG formula emendas que, “respectando a lei, provocan de facto a gratuidade para a veciñanza de Ourense”.

Publicaciones relacionadas

Entre as propostas rexistradas destaca a exclusión expresa dos pisos turísticos da ordenanza. Seara lembrou que “o 3 de novembro de 2023 presentamos unha moción para empregar eses pisos como vivendas de emerxencia para vítimas de violencia machista e mantemos a nosa proposta”.

Outra emenda céntrase na xestión do servizo. A ordenanza abre a porta á xestión directa ou indirecta, pero o BNG aposta pola xestión pública e directa. Insta á creación dun Consorcio Termal que permita xestionar, coordinar, executar e cofinanciar os proxectos termais presentes e futuros.

Abonos da piscina termal das Burgas

No relativo aos abonos, a ordenanza só contempla unha modalidade mensual de 25 euros. O BNG propón un abono anual baseado na renda, que permitiría que persoas con menores ingresos non paguen nada e que o custo máximo sexa duns 2,5 euros ao mes. Unha cantidade simbólica que non provoca ingresos estratosféricos para o Concello”, segundo Seara.

Finalmente, o grupo nacionalista propón incorporar bonificacións para distintos colectivos, especialmente entidades do terceiro sector, tendo en conta que a piscina termal das Burgas, ademais do seu uso turístico e lúdico, “ten beneficios probados para o benestar das persoas”.

Modalidades de abono anual propostas polo BNG

  • Renda inferior a 10.088 €/ano: bono anual de 0 €.
  • Rendas entre 10.088 € e 15.203 €/ano: bono anual de 10 €.
  • Rendas entre 15.203 € e 20.000 €/ano: bono anual de 20 €.
  • Rendas superiores a 20.000 €/ano: bono anual de 30 €.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.