Noticias

O BNG pide transparencia polo afundimento en Pena Trevinca

O BNG pide transparencia polo afundimento na rúa Pena Trevinca de Ourense, pechada ao tráfico desde o 27 de xaneiro tras colapsar parte da calzada.

O Goberno local estima dous meses para a súa reparación, un prazo que a formación nacionalista considera complicado de cumprir.

O BNG pide transparencia polo afundimento en Pena Trevinca

A principal preocupación da veciñanza céntrase nas posibles afectacións en garaxes, baixos e na cimentación dos edificios próximos.

O BNG pide transparencia polo afundimento en Pena Trevinca
Foto: BNG

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, asegura que numerosos residentes trasladaron dúbidas ao grupo. “É moita a veciñanza que se ten posto en contacto con nós para amosar a súa preocupación sobre o acontecido e as posibles afectacións”, afirma.

Seara critica a falta de información por parte do Executivo local. “O Goberno Local non ofrece ningún tipo de información, o que acrecenta a preocupación”, sinala.

O BNG solicitará ao concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo, que os técnicos responsables comparezan na Xunta de Área do 24 de febreiro para explicar as causas do afundimento, o alcance das obras e as posibles consecuencias nos inmobles da contorna. A formación insiste na necesidade de actuar con máxima transparencia para tranquilizar á veciñanza.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.