Noticias

O BNG reclama separar en expedientes os 25,7 millóns de crédito

O BNG reclama dividir en tres expedientes a modificación de crédito de 25.732.660,98 euros que o Goberno Local de Ourense presentou aos grupos da oposición.

A proposta foi debatida este venres na Xunta de Portavoces, logo de que os nacionalistas analizasen a documentación, aínda sen acceso aos expedientes completos.

O BNG reclama separar en expedientes os 25,7 millóns de crédito

O voceiro do BNG, Luís Seara, explicou que o grupo está disposto a apoiar algunhas actuacións en materia de infraestruturas, pero non outras. “Estamos diante dunha proposta na que figuran actuacións importantes coas que podemos coincidir, mais tamén outras coas que non concordamos, sobre todo pola súa xestión nos últimos anos”, sinalou.

O BNG reclama separar en expedientes os 25,7 millóns de crédito
Foto: BNG

Tres expedientes en lugar dun

A formación propón dividir a modificación en tres partes:

  • Infraestruturas: 16.238.135,08 euros.
  • Urbanismo e servizos: 3.824.100,61 euros, que inclúen colectores de lixo e redaccións urbanísticas.
  • Sentenzas xudiciais: 5.670.425,29 euros, dos cales máis dun millón corresponden a xuros de demora.

Seara lembrou que o actual alcalde defendía esta mesma postura cando estaba na oposición, criticando as aprobacións “en lote”. “Se quere consenso, non terá problema en separar os expedientes”, advertiu.

Transporte público gratuito

Na mesma reunión, o BNG reclamou tamén un aprazamento da entrada en vigor do novo mapa de liñas de autobús, pedindo máis “rigurosidade e seriedade” no proceso. Ademais, instou ao rexedor a comprometerse coa gratuidade universal do transporte público en Ourense. Segundo explicou Seara, o alcalde aceptou “comezar a traballar xa na súa implementación á maior brevidade posible”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.