Noticias

O BNG impulsa unha campaña de apoio ó comercio local

O BNG impulsa unha campaña de apoio ó comercio local que foi presentada por representantes do partido diante da Praza de Abastos nº1 de Ourense.

Os deputados no Parlamento de Galicia, Noa Presas e Iago Tabarés, estiveron acompañados por representantes do partido no concello de Ourense e a nivel provincial.

O BNG impulsa unha campaña de apoio ó comercio local

«Apoiar ao comercio local é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Ourense e para Galiza, de humanizar as cidades e impedir a desertización dos nosos concellos. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega que é de extraordinaria calidade» indicou Noa Presas.

Esta iniciativa realizada polo BNG «fai o que lle correspondería ao Goberno galego e impulsámola porque nestas datas increméntase notablemente o consumo e porque coincide ademais coa peor crise da historia do comercio local, con datos que son absolutamente demoledores» segundo Noa Presas

O BNG impulsa unha campaña de apoio ó comercio local
Foto: BNG de Ourense

A deputada nacionalista aproveitou para anunciar varias medidas neste eido. «impulsar medidas activas como un plan de dinamización específico para a súa modernización así como un plan para garantir o relevo xeracional xa que é un dos principais problemas que ten que enfrontar o pequeno comercio así como un plan de choque ante o gran incremento dos custes financeiros e de acceso ao crédito» son as propostas que o BNG implantaría.

Botón volver arriba