O BNG de Barbadás denuncia sete incendios no Regueiro desde 2020 e asegura que a veciñanza vive con medo e intranquilidade desde hai case seis anos.
Sarín Núñez, portavoz nacionalista, afirma que os lumes presentan indicios de seren provocados e que seguen un patrón repetido, sempre en horario nocturno.
O BNG esixe medidas polos incendios no Regueiro de Barbadás
O último rexistrouse o 20 de febreiro na rúa Dámaso Montes, onde ardeu unha vivenda. A rápida intervención de Protección Civil e dos bombeiros evitou danos maiores.

O grupo municipal do BNG sostén que a concentración dos incendios apunta á posible actuación dun incendiario reincidente e critica a falta de resultados na investigación e de presenza disuasoria.
A formación pedirá explicacións no Pleno do Concello de Barbadás sobre as medidas adoptadas desde 2020 e reclamará máis presenza da Garda Civil no barrio, especialmente pola noite.

