Noticias

O BNG lamenta o desaloxo dos espazos públicos

O BNG de Ourense lamenta a situación que provoca o desaloxo de rapazas e rapaces dos espazos públicos por parte da Policía Local.

A decisión do goberno municipal de pechar as instalacións deportivas e parques infantís a partir das 23h está provocando malestar na cidadanía.

O BNG lamenta o desaloxo dos espazos públicos

«Ter que acudir axentes da Policía Local a desaloxar a rapazas e rapaces de apenas 10 anos e que o único crime que estaban a cometer era xogar, divertirse e facer exercicio» indican desde o BNG de Ourense.

Rhut Reza, concelleira do BNG sinala que «desde o BNG estamos radicalmente en contra da decisión adoptada pola Alcaldía». Para Reza, esta situación «ademais de non ter soporte en ningunha Ordenanza municipal, limita o uso de espazos públicos pensados precisamente para o lecer, para a actividade física e para a interacción social neste caso das nosas nenas e nenos».

O BNG lamenta o desaloxo dos espazos públicos
Rhut Reza. Foto: BNG de Ourense

A xustificación deste peche «responde únicamente a un capricho do Alcalde. Pecha os parques infantís e as canchas deportivas e o único ocio que lle oferta á mocidade de Ourense é botellón e orquestras até altas horas da madrugada. Neste caso o descanso das veciñas e veciños parece non ter importancia».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.