Noticias

O BNG urxe medidas pola discoteca Desörden

O BNG reclama medidas pola actividade da discoteca Desörden en Ourense tras coñecerse o contido dun informe técnico municipal que detecta posibles incumprimentos da ordenanza de ruídos.

A formación nacionalista levou o asunto ao Pleno celebrado o pasado 6 de febreiro no Concello.

O BNG urxe medidas pola discoteca Desörden

Segundo recollen as conclusións do informe elaborado por persoal técnico municipal, existen emisións sonoras que non foron correctamente controladas polo limitador acústico.

O BNG urxe medidas pola discoteca Desörden

A técnica asinante constata a posible presenza de equipos de reprodución ou amplificación non integrados no sistema de control, o que permitiría emitir niveis de son non sometidos ao dispositivo obrigatorio e, polo tanto, incumprir as prescricións técnicas fixadas na ordenanza municipal.

Na sesión plenaria, o alcalde respondeu á pregunta formulada polo grupo nacionalista indicando que permanecía aberto un período de audiencia pública por un prazo de 10 días e que, unha vez finalizado, o Goberno local adoptaría as medidas correspondentes.

Aclaracións ao executivo municipal

O portavoz do BNG, Luís Seara, asegura que ese prazo xa rematou e pide aclaracións ao Executivo municipal. “Somos coñecedores de que dito prazo xa rematou polo que pedímoslle ao Goberno local que aclare se durante o mesmo se presentou algunha alegación por parte dos interesados e en todo caso que a resolución das mesmas e a toma de decisións sexa o máis áxil posible xa que a situación na zona e os problemas para a veciñanza van en aumento”, sinala.

Seara subliña que as denuncias non responden, ao seu xuízo, a unha percepción illada. “Non é unha teima da veciñanza ou do BNG, xa que hoxe mesmo coñecemos como a propia Policía Local, a través de varias inspeccións, constata a degradación da convivencia así como o incumprimento da Ordenanza por parte do establecemento”, afirma.

Os nacionalistas engaden que, segundo o informe policial, un axente desprazado á cabina de control puido comprobar que o limitador acústico non entrou en funcionamento en ningún momento, mesmo cando o son acadaba niveis máximos.

Desde o BNG esixen ao Goberno local “explicacións, transparencia e celeridade”. “A situación é insostible e require solucións urxentes diante dunha problemática que está a ocasionar graves prexuízos emocionais e económicos á veciñanza. Cada día que pasa sen que se tomen decisións é un día máis en contra da saúde das veciñas e veciños”, conclúen.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.