O BNG pide crear unha aula máis no IES Otero Pedrayo para solucionar a problemática que afecta ó alumnado do CEIP Irmáns Villar.
Varios alumnos do CEIP Irmáns Villar non poderán cursas os seus estudios de 1º da ESO no IES Otero Pedrayo por falta de prazas a pesar de ser o seu centro de referencia.
O BNG pide crear unha aula máis no Otero Pedrayo
Ante esta situación, o grupo parlamentario do BNG no Pazo do Hórreo pide a xunta que valore «mesmo a creación dunha aula máis que permita paliar a insuficiencia de prazas para cubrir a demanda do alumnado saínte de primaria do CEIP Irmáns Villar».
Noa Presas, deputada nacionalista, lembra que «a ANPA do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar vén de denunciar publicamente que, malia ter advertido en reiteradas ocasións á Xefatura Territorial de Educación de Ourense, máis dunha ducia de alumnos e alumnas que terían que iniciar a súa etapa educativa de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Otero Pedrayo, non contan inicialmente con praza debido ao insuficiente número ofertado no centro de referencia».
Para ilustrar a situación, Noa Presas recorda as cifras desta polémica. «A oferta é de 84 prazas para 97 solicitudes presentadas, polo que quedarían fóra trece persoas dos centros adscritos das que a maioría, até un total de once, pertencen ao CEIP Plurilingüe Irmáns Villar».
Para atallar esta situación, desde o BNG lembran que «é obriga da Xunta de Galiza estudar as diferentes posibilidades, incluída a ampliación da oferta educativa no propio IES».