O grupo municipal do BNG preguntará no próximo pleno sobre o transporte urbano e o estado actual do proceso de licitación do mesmo.
Os recursos presentados no seu momento contra o expediente de contratación do Servizo de Transporte Colectivo Urbano do concello de Ourense motivaron a anulación do proceso o 16 de decembro.
O BNG preguntará no Pleno sobre o transporte urbano
Ante a necesidade de licitar este servizo nun momento que tamén se está organizando o plan de transporte metropolitano, desde o BNG piden respostas.
As preguntas rexistradas para formular no pleno municipal perseguen coñecer o estado actual do novo expediente e a data prevista para unha nova licitación.