O BNG, a través do seu portavoz Sarín Núñez, anuncia que presenta alegacións ós orzamentos de Barbadás para este ano 2024.
Estas modificacións que presenta o BNG pretenden dar «resposta ás necesidades reais da veciñanza».
O BNG presenta alegacións ós orzamentos de Barbadás
Sarín Núñez criticou que as contas para 2024 «sexan presentadas e aprobadas cando levamos consumidos preto de seis meses do ano». Lembra Núñez que en Barbadás «levamos co orzamento prorrogado desde o 2022».
Entre as necesidades de modificación dos orzamentos, o BNG indica que «non se avanza en ningunha infraestrutura de relevancia para a cidadanía, non se transforma nin se reactiva o tecido social e cultural e tampouco se dan solucións ás necesidades de creación de emprego e para o fomento da actividade empresarial».
O BNG desexaría ver nos orzamentos unha partida destinada á «adquisición dos terreos necesarios para a construción das tan demandadas piscinas climatizadas». Outras partidas que os nacionalistas pretenden incluír estarían relacionadas «coa construcións dun centro multixeracional municipal, co tan demandado IES, ou coa adquisición de terreos para unha nova pista polideportiva na parroquia das Lamas».
Tamén destacou a situación que se vive nos concellos de Ourense e Barbadás cos pactos de goberno. «Vivimos no mundo ao revés xa que en Ourense o PSdeG-PSOE promove unha moción de censura para sacar a Jácome da alcaldía ao tempo que gobernan con el en Barbadás, algo que polo que vemos sería detestable en Ourense, a un quilómetro de distancia é o día a día».