O BNG presenta a súa aposta polo deporte no concello de Ourense de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
Unha das liñas de actuación prioritarias no programa do BNG para as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio é o deporte.
O BNG presenta a súa aposta polo deporte en Ourense
Luis Seara, candidato á alcaldía foi o encargado de presentar as propostas nun sector que «habitualmente pasa desapercibido para a meirande parte dos partidos, os cales soen enunciar nos programas ideas xenéricas e pouco concretas».
«No BNG temos claro que o deporte é un ámbito fundamental desde o punto de vista da cohesión social, e o dinamismo económico, socia e turístico ao tempo que contribúe a aumentar a autoestima colectiva e o orgullo, razóns todas elas polas que para nós, o deporte, é un dos piares fundamentais para abordar a transformación que queremos para Ourense».
Entre as propostas do BNG para o concello de Ourense están:
- Construción de novas infraestruturas deportivas
- proxecto para un novo Estadio de fútbol no Couto
- transformación do actual estadio nunha cidade deportiva
- construción dun pavillón adaptado á práctica da ximnasia, dun rocódromo e dunha piscina olímpica na finca Santamariña
- un campo de fútbol federativo na Carballeira
- un novo pantalán e instalacións para os deportes náuticos na Batundeira
- melloras e ampliacións das infraestruturas deportivas dos barrios e parroquias do Concello
- aumento das subvencións ós clubes ata 1,5 millóns por concorrencia competitiva