Noticias

O BNG reitera a súa negativa ás modificacións de crédito

O grupo municipal do BNG reitera a súa negativa ás modificacións de crédito que o goberno municipal presentou nunha nova Comisión de Pleno.

As 10 propostas de modificación de crédito supoñen mobilizar un total de 22.293.576 euros con cargo ó remanente de tesourería do concello.

O BNG reitera a súa negativa ás modificacións de crédito

«O BNG non apoiará máis modificacións de crédito. Pedímoslle ao Alcalde que presente un proxecto de Orzamentos e que a partires de aí, sentemos, falemos, negociemos e se é posible acordemos», indicaba Luís Seara o pasado luns.

Seguindo ese anuncio, o BNG votou en contra de nove das dez propostas realizadas. A única opción que tivo o voto a favor do BNG foi o expediente de modificación de crédito 9P/2024. Este expediente está relacionado coa Concellería de Servizos Sociais e conta cunha partida de 300.000 euros para axudas de emerxencia social.

O BNG reitera a súa negativa ás modificacións de crédito

«Cando falamos de emerxencia social, falamos de persoas e de familias que precisan desta axuda para sobrevivir» indicou Seara. «Falamos de persoas e de familias en situacións extremas ás que non podemos castigar dúas veces, primeiro tendo o Alcalde que temos, quen desmantelou os Servizos Sociais municipais e logo negándolles unha axuda para necesidade tan básicas como comer, pagar a luz ou o alugueiro».

Botón volver arriba