O grupo municipal do BNG de Ourense solicita a paralización da Ordenanza municipal reguladora da instalación e uso de terrazas de veladores en espazos públicos.
Un escrito dirixido á alcaldía de Ourense pide a paralización «en tanto en canto por parte da Comisión Técnica de Accesibilidade da Xunta de Galiza non se emita o informe solicitado, pois o que está en valoración e estudo é a seguridade, a integridade e o benestar da veciñanza do Concello de Ourense polo que cómpre ter, para a adopción de calquera decisión, máxima seguridade xurídica sobre a legalidade da citada Ordenanza».
Este informe da Comisión Técnica de Accesibilidade da Xunta de Galicia é de gran importancia para a viabilidade da Ordenanza. «O propio Coordinador Xeral, manifestaba nunha das reunións da Comisión creada ao obxecto, que o informe da Comisión Técnica era clave, polo que parecería lóxico pois, antes de continuar coa tramitación do expediente, agardar a que se pronuncie a citada Comisión», destacan desde o BNG.