Noticias

O BNG solicita a reprobación de Jácome pola compra dos “busitos”

O BNG presentou unha moción para reprobar o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pola súa xestión na compra dos denominados “busitos”.

A proposta será debatida no Pleno ordinario de abril.

O BNG solicita a reprobación de Jácome pola compra dos “busitos”

Os nacionalistas denuncian que os minibuses adquiridos polo Concello, cun custo total de 2,7 millóns de euros, presentan numerosas avarías e problemas de funcionamento.

O portavoz do BNG, Luís Seara, destaca que mentres os autobuses dos lotes dous e tres cumpren a súa función, os do lote un, motivo da polémica, amosan constantes defectos técnicos, desde fallos nas portas ata deficiencias no sistema de climatización.

O BNG solicita a reprobación de Jácome pola compra dos “busitos”
Foto: BNG

Para o BNG, esta adquisición reflicte unha “neglixente e economicamente ruinosa xestión” por parte do alcalde, ao que responsabilizan directamente dos problemas destes vehículos. Seara insta a Jácome a asumir o erro, pedir perdón á cidadanía e buscar solucións ante o que consideran unha das maiores “estafas” no Concello.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.