Noticias

O BNG ten dúbidas sobre o pago da última proposta do concello

O BNG ten dúbidas sobre o método de pago da última proposta do concello de Ourense para adxudicar a xestión dunha barra de bar durante o Entroido.

Desde o grupo municipal do BNG solicitan o acceso ás bases aprobadas na Xunta de Goberno Local.

O BNG ten dúbidas sobre o pago da última proposta do concello

A iniciativa do goberno municipal aprobada na Xunta de Goberno consiste na poxa para explotar unha barra de bar na praza de Bispo Cesáreo durante o Entroido. Desde o concello sinalaban que o canon sería dun mínimo de 15.000 euros.

Luís Seara, portavoz do BNG no concello, sinala que «lidas e analizadas as bases, chámanos poderosamente a atención o procedemento seguido para o establecemento e pagamento por parte do adxudicatario do canon fixado».

O BNG ten dúbidas sobre o pago da última proposta do concello

Refírese Seara ó punto 5º das bases onde se indica que:

«O canon aboarase en especie mediante o correspondente pago total ou parcial, a favor das empresas que indique o Concello, dos custos dos eventos programados na rúa Progreso – Alameda – Bispo Cesáreo, con anterioridade ao outorgamento da autorización. En ningún caso se procederá á súa devolución nin total nin parcial por suspensión dalgunha actividade debido a condicións climatolóxicas«.

Este texto presenta dúbidas para o BNG «pois fálase dun pago en especies, non ao Concello senón ás empresas que o propio Concello indique e con anterioridade á propia autorización». Desde o BNG destacan que «feitas varias consultas ao longo da mañá, resulta cando menos dubidoso ese proceder, motivo polo que lle pedimos explicacións ao Goberno Local».

Para poder analizar mellor este procedemento, o BNG solicita «acceso ao expediente completo para poder coñecer os informes técnicos que avalen a cantidade establecida». Tamén destacan que «resulta cando menos chamativo que dita cantidade non vaia ser ingresada nas arcas municipais, evitando así o seu control contable nin como ingreso e desde logo tampouco como gasto».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.