Noticias

O BNG pide priorizar o transporte urbano na Xunta de Portavoces

O BNG reclamará que a situación do transporte urbano sexa o asunto central da Xunta de Portavoces prevista para este venres, 12 de setembro.

A reunión fora convocada para que a oposición manifeste o seu posicionamento sobre a proposta de modificación de crédito do goberno municipal. Esta modificación ascende a máis de 25 millóns de euros.

O BNG pide priorizar o transporte urbano na Xunta de Portavoces

O portavoz nacionalista, Luís Seara, advertiu que a entrada en vigor do novo mapa de liñas, prevista para o martes 16, está a provocar “moito desasosego, confusión, nerviosismo e mesmo indignación entre a veciñanza”.

O BNG pide priorizar o transporte urbano na Xunta de Portavoces
Luís Seara. Foto: BNG

Segundo explicou, a oficina do grupo municipal recibe a diario chamadas de veciños que non teñen claro como lles afecta a reorganización ou que trasladan a súa preocupación pola perda de servizos.

Seara criticou a falta de información oficial. Asegurou que a oposición só coñece os cambios a través das publicacións do alcalde nas redes sociais ou das filtracións á prensa. “Entendemos que esta é unha cuestión prioritaria para a meirande parte da veciñanza de Ourense, polo que debe ser o tema central da Xunta de Portavoces”, subliñou.

O edil concluíu sinalando que “está moi ben que Jácome queira falar do seu libro, máis o interese da veciñanza é outro ben distinto”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.