Noticias

Os Bombeiros atenderon o incendio de Covadonga con poucos efectivos

O grupo municipal do BNG indica que os Bombeiros de Ourense atenderon o incendio do Barrio de Covadonga con poucos efectivos ó estar só sete efectivos de servizo.

Este número de bombeiros é inferior ós once que se establece como mínimo esixido para atender o servizo correctamente.

Os Bombeiros atenderon o incendio de Covadonga con poucos efectivos

Lembra o BNG que o goberno local non cumpriu a súa promesa de incorporar a dez novos bombeiros ó parque de Ourense. Tamén indican que de producirse outro incendio ó mesmo tempo na cidade, o Parque de Bombeiros de Ourense non tería capacidade para atendelo.

«Todo isto denota a irresponsabilidade deste goberno, que o único que lle importa son as festas, e ante unha cuestión desta envergadura non actúa e mira para outro lado», sinala Luís Seara, portavoz do BNG no concello.

Os Bombeiros atenderon o incendio de Covadonga con poucos efectivos

Ademais da problemática co número de bombeiros, o BNG alerta do problema existente cos medios materiais dispoñibles na actualidade. A unidade forestal ou a unidade de altura que está fora de servizo son algunhas das ferramentas consideradas imprescindibles. Por este motivo, desde o BNG solicitan ó goberno local que dispoña dos medios necesarios para a prestación deste servizo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.