Deportes

Bos resultados do Ourense Atletismo no Campionato de España

Bos resultados do club Ourense Atletismo no Campionato de España de Clubs sub6 B1 que se disputa en Gijón (Asturias).

As atletas do Ourense Atletismo lograron a quinta praza na clasificación xeral destacando en varias das disciplinas.

Bos resultados do Ourense Atletismo no Campionato de España

Nesta final tiveron unha participación destacada as atletas:

  • Paula Carrión en pértega (2ª con 2.25),
  • Carla Pintor nos 300 (do Atletismo A Estrada, terceira con 45.27),
  • Noa Barros no 600 (tamén do A Estrada, 3ª con 1:46.93),
  • Usúe Bernández nos 1000 (2ª con 3:21.44),
  • Carla Allegue nos 100 valos (do filial Xuncas, 1ª con 16.22),
  • Aloia Sabucedo nos 1.500 obstáculos (3ª con 5:46.74) e
  • Adriana Ferreiro na xavelina (do Atlético A Silva, 3ª con 28.57).
Bos resultados do Ourense Atletismo no Campionato de España
Foto: Club Ourense Atletismo

Botón volver arriba