Noticias

Un Bosque Máxico que cae a pedazos

O PSdeG-PSOE de Laza denuncia que o proxecto do Bosque Máxico cae a pedazos ante o «abandono» do goberno municipal.

Unha década despois do inicio da construción desta infraestrutura na que xa se investiu case un millón de euros, nada se sabe sobre o seu remate.

Un Bosque Máxico que cae a pedazos

Coñecido nun primeiro momento como «Territorio Feiticeiro», este espazo pretendía ser un parque multiaventura. «10 anos despois o proxecto non se rematou, a pesar de realizarse un investimento de 420.000 euros procedentes do destino turístico Portas de Galicia da Xunta a través de fondos europeos e doutros 580.000 que aportaría a empresa encargada da posta a punto do parque» indican desde o PSdeG-PSOE

Juan Ramón Álvarez, portavoz socialista no concello de Laza, indica que «segue sen abrir por mor de que o construído, non se axustou o proxecto subvencionado por Europa». A isto súmase a desaparición da empresa promotora do proxecto. «Disolveuse xa fai uns cantos anos e a estrutura e a zona están nun grave estado de deterioro, a pesar dos numerosos cartos públicos gastados nesta zona».

Un Bosque Máxico que cae a pedazos
Foto: PSdeG-PSOE de Laza

«A situación é extremadamente grave e a veciñanza esixe saber que vai pasar co proxecto, se vai seguir abandonado e deteriorándose ou se alguén vai tomar as rendas para responder polas irregularidades e pór dunha vez por todas en marcha un parque multiaventura no que se enterraron milleiros de euros público» destaca Álvarez.

Entre as partidas que distintas administracións aportaron a este proxecto figuran cantidades que poderían alcanzar os 700.000 euros. «A situación é extremadamente grave e a veciñanza esixe saber que vai pasar co proxecto», recorda o portavoz socialista ante a falta de información sobre o proxecto.

Botón volver arriba