Eventos

Broken Peach actuará en Taboadela

O grupo Broken Peach actuará en Taboadela o 30 de agosto de 2024 dentro da programación da Semana Cultural que organiza dito concello.

O grupo vigués é un dos máis activos da escena musical galega con miles de seguidores ó outro lado do Atlántico.

Broken Peach actuará en Taboadela

A estética, enerxía e personalidade que Broken Peach demostra en cada actuación provocaron que desde fai uns anos a súas publicacións nas redes sociais conten cun amplo seguimento. Clásicos de Halloween ou Nadal forman parte do repertorio do grupo onde non falta unha boa selección musical dos anos 80 e 90.

Non será esta a única visita que Broken Peach realice á provincia de Ourense pois o 4 de agosto teñen programada unha actuación na localidade da Rúa.

Botón volver arriba