Noticias

Cámaras e radares activaranse en Ourense o 16 de setembro

O Concello de Ourense informa de que o próximo martes, 16 de setembro, entrarán en funcionamento as cámaras de control de acceso ao centro histórico e un dispositivo de radar en varias rúas da cidade.

A medida enmárcase nas actividades programadas pola Semana da Mobilidade.

Cámaras e radares activaranse en Ourense o 16 de setembro

O goberno municipal explicou que o obxectivo principal é mellorar a seguridade viaria e garantir o respecto á normativa de circulación. Por iso, apelan á colaboración das persoas condutoras para cumprir tanto coas normas da Dirección Xeral de Tráfico como coa ordenanza municipal de tráfico.

Cámaras e radares activaranse en Ourense o 16 de setembro
Foto: Concello de Ourense

A posta en marcha destes mecanismos de control permitirá regular o tránsito de vehículos na zona vella, reducindo a presenza de coches en áreas peonís e mellorando a convivencia cidadá. Así mesmo, os novos radares reforzarán a prevención de excesos de velocidade en puntos estratéxicos da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.