O Concello de Taboada vén de abrir o prazo de inscrición para o seu Campamento de Verán e Aula Concilia 2025, unha proposta lúdico-educativa dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.
A actividade desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto, ofrecendo unha alternativa de ocio activo que facilita a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
Taboada lanza o Campamento de Verán e Aula Concilia 2025
O programa inclúe unha ampla gama de actividades como manualidades, piscina, excursións, xogos e deportes, que buscan estimular a creatividade, o traballo en equipo e o goce do tempo libre ao aire libre. Trátase dunha iniciativa consolidada no municipio, que cada verán ofrece un espazo seguro, educativo e entretido para a mocidade.
As familias interesadas poderán formalizar a inscrición entre o 19 e o 30 de maio, prazo durante o cal deberán presentar a correspondente solicitude polas vías habilitadas polo Concello.
