Deportes

O parapente de precisión enche de cor os ceos da serra do Larouco

A serra do Larouco, entre os concellos ourensáns de Baltar e Cualedro, converteuse esta fin de semana no epicentro do parapente de precisión en España.

Durante tres xornadas, celebrouse alí o Campionato de Precisión España e de Galicia 2025, unha cita que reuniu a 29 participantes de cinco países —España, Alemaña, Portugal, Arabia Saudí e Bulgaria— nun escenario único para a práctica desta disciplina.

O parapente de precisión enche de cor os ceos da serra do Larouco

O Campionato de España e Galicia 2025 reuniu a 29 pilotos de cinco países na serra ourensá, con espectaculares voos entre Baltar e A Xironda.

Organizado polo club VooLarouco, xunto cos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo, e coa colaboración da Real Federación Aeronáutica Española, a Federación Aeronáutica Galega e a Xunta de Galicia, o evento desenvolveuse en condicións meteorolóxicas ideais, que permitiron completar 10 mangas ao longo das tres xornadas.

A proba destacou pola súa diversidade xeracional e de xénero: desde un rapaz de 15 anos —que xa fora segundo na edición anterior— ata un veterano de 66 anos, pasando por cinco mulleres que competiron no cadro internacional feminino.

O podio internacional (Open) estivo copado por representantes españois:
🥇 Víctor Rodríguez Santamarta
🥈 David Contreras Lázaro
🥉 Víctor Aguilera Lozano

No campionato galego, os mellores foron:
🥇 Diego Pimentel Villar
🥈 Juan Carlos Álvarez
🥉 Jaime Fonte Vázquez

No apartado feminino internacional, a gañadora foi Matin Afzalnia (Alemaña-Irán), seguida por Azahara Velasco (España) e Nehal Alhilal (Arabia Saudí).

O parapente de precisión é unha disciplina recoñecida pola Real Federación Aeronáutica Española. Consiste en despezarse dende un punto elevado e aterrar cun pé no centro dunha diana no chan. A puntuación mídese en centímetros desde ese punto, sendo gañador quen máis se achegue ao centro ao longo das distintas mangas.

O parapente de precisión enche de cor os ceos da serra do Larouco
Campionato de Precisión de España e Galicia Serra do Larouco 2025

O evento incluíu tamén prácticas dun curso de xuíces, do que saíron formados seis novos árbitros. A dirección da competición estivo a cargo de Virginia Gabriela Neagoe, mentres que Miguel González Cuesta exerceu como xuíz xefe e Ana Belén Lozano Aguilar como xuíz de evento. En total, nove xuíces velaron polo cumprimento estrito da normativa ao longo do campionato.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.