Noticias

Campus Rural impulsa prácticas universitarias e conciliación familiar en Manzaneda

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, para facer seguimento dos avances do programa Campus Rural.

Esta iniciativa permite ao estudantado universitario realizar prácticas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Campus Rural impulsa prácticas universitarias e conciliación familiar en Manzaneda

No caso de Manzaneda, o Concello acolle nestes momentos unha alumna de Arquitectura en prácticas, dentro dun programa promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a CRUE e a maioría das universidades públicas. Tanto Santos como Fernández coincidiron en cualificar a medida de éxito, destacando o seu papel na fixación de poboación no rural.

Campus Rural impulsa prácticas universitarias e conciliación familiar en Manzaneda
Foto: Subdelegación do Goberno

Durante o encontro, tamén se abordou o desenvolvemento do Plan Corresponsables, impulsado polo Ministerio de Igualdade. Grazas a este programa, Manzaneda organiza este verán un campamento infantil con 60 prazas, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias, especialmente en época estival.

Ademais, o subdelegado felicitou ao alcalde polo recente recoñecemento do tradicional Entroido de Manzaneda como Festa de Interese Turístico Nacional. “A xestión do alcalde é eficiente, con beneficios palpables no día a día dos seus veciños e veciñas, pois é un Concello moi activo”, afirmou Eladio Santos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.