Noticias

Cancelada a MOTI 2022 por falta de apoios

Queda cancelada a 19ª edición da MOTI que se tiña que celebrar en 2022 pola falta de apoios das institucións implicadas.

Fernando Dacosta, director da Mostra de Teatro Infantil de Ourense foi o encargado de anunciar a triste noticia tras 18 edicións deste evento.

Cancelada a MOTI 2022

A retirada no ano 2021 do apoio económico que ofrecía o concello de Ourense foi un duro golpe para a organización desta mostra de teatro. A pesar das dificultades, a organización puido sacar adiante unha boa programación grazas ó apoio destacado do Teatro Principal de Ourense e a Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

As problemática xurdida para que este ano a Universidade poida ofrecer de novo o seu apoio leva á organización a tomar esta decisión. «Unha mostra de teatro non é programar sen criterio», indica Fernando Dacosta no comunicado.

Cancelada a MOTI 2022

A historia da MOTI reflexa que 247 espectáculos foron representados en Ourense nas 18 edicións anteriores. Uns espectáculos ós que acudían centenares de nenos e nenas. Para Fernando Dacosta, a MOTI «é pensar nos valores que se transmiten cos espectáculos, na idea e no discurso da mostra, nos diversos xéneros que se representan, na coherencia do que se programa ou no coidado e respecto pola nosa lingua».

Botón volver arriba