Noticias

O PSOE de Ourense reclama o canon reducido de residuos

O Grupo Municipal Socialista de Ourense rexistrou preguntas para saber se o goberno local solicitou o canon reducido de tratamento de residuos domésticos para 2026.

Este canon reducido está regulado no DOG e cun prazo que remata o 5 de marzo de 2026.

O PSOE de Ourense reclama o canon reducido de residuos

A normativa fixa un canon ordinario de 111,13 €/tonelada + IVE e un canon reducido de 97,76 €/tonelada + IVE. A diferenza ascende a 13,37 euros por tonelada. No caso de Ourense, que xestiona decenas de miles de toneladas ao ano, isto pode supoñer varios centos de miles de euros de aforro, sinalan as socialistas.

O PSOE de Ourense reclama o canon reducido de residuos

O grupo advirte de que non solicitar a tarifa reducida sería unha “neglixencia política”, xa que suporía pagar máis polo mesmo servizo por non tramitar a petición en prazo. Ademais, o canon reducido esixe cumprir obxectivos ambientais mínimos, como mellorar a recollida selectiva.

Os socialistas reclaman que o goberno local aclare se xa realizou a solicitude e, de non facelo, que a presente antes de que remate o prazo legal.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.