A cárcere do Pereiro de Aguiar ten un porcentaxe dun 80% de internos que logran unha plena reinserción e non reinciden en condutas delituosas tras cumprir as súas condenas.
Na celebración do Día da Nosa Señora da Merced, patroa de Institucións Penitenciarias, puxéronse de manifesto os bos números deste centro.
A cárcere do Pereiro ten un 80% de reinserción
Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, foi unha das autoridades presentes nos actos realizados durante o día.
O director do centro, Francisco González, destacou o traballo realizado polos funcionarios, o comportamento dos internos e a participación nas actividades educativas, laborais e formativas que se realizan. Tamén lembrou o bo funcionamento das saídas programadas nas que participan máis dun cento de internos. «Compartimos o obxectivo común que é velar pola garantía dos dereitos dos cidadáns e dos internos e internas así como pola seguridade de todas e todos», sinalou González.
Eladio Santos, subdelegado do Goberno, destacou que «a chave dos resultados está no persoal, e non tanto nos regulamentos. Só as persoas son capaces de xerar este cambio rehabilitador nos internos». Tamén sinalou que «o 80% dos internos deste centro penitenciario non reinciden. Un notable alto, e subindo, o que fala da súa excelencia. Rexeitamos experimentos represivos e destrutivos. Trátase unha vez máis de transformar para construír».