Noticias

A Carreira da Muller provocará restricións de tráfico no centro de Ourense

A celebración da sétima edición da Carreira da Muller provocará cortes e restricións de tráfico no centro de Ourense este domingo, 8 de marzo, entre as 10:30 e as 12:30 horas, segundo informou a Policía Local.

O evento está organizado polo Club Runmaniak Box001 Ourense coa colaboración do Concello, no marco do Día Internacional das Mulleres, co obxectivo de fomentar a participación feminina no deporte e promover hábitos de vida saudables.

A Carreira da Muller provocará restricións de tráfico no centro de Ourense

A carreira absoluta, de 5 quilómetros, sairá ás 11:00 horas da Praza Maior e percorrerá diversas rúas do centro da cidade, pasando por vías como a Avenida de Pontevedra, Desengano, As Burgas, Avilés de Taramancos, Pardo de Cela, Pura e Dora Vázquez, Praza de Abastos, Cervantes, Santo Domingo, Parque de San Lázaro ou o Paseo, para rematar novamente na Praza Maior.

A Carreira da Muller provocará restricións de tráfico no centro de Ourense

Antes, ás 10:50 horas, disputarase unha carreira inclusiva de 1 quilómetro, tamén con saída e chegada na Praza Maior, que discorrerá por rúas como As Tendas, da Paz, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal.

Dispositivo especial de tráfico

A Policía Local establecerá un dispositivo especial de regulación do tráfico durante o desenvolvemento da proba. Aínda que boa parte do percorrido discorre por zonas peonís, será necesario pechar a circulación en varios puntos clave, entre eles:

  • Portocarreiro, sobre a ponte
  • Zona inferior da Praza de Abastos número 1, desde Carriarico ata Pura e Dora Vázquez
  • Antonio Puga
  • Ponte Lebrona
  • Parque de San Lázaro

Os axentes habilitarán vías alternativas e irán reabrindo o tráfico de forma progresiva a medida que avance a carreira.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.