A carreira popular da Ponte, integrada no circuíto Correndo por Ourense, provocará cortes e restricións de tráfico no barrio o vindeiro domingo, 28 de setembro, durante a mañá.
Esta proba, organizada polo CMD do Concello de Ourense, dará comezo ás 11.00 horas desde a rúa Francisca Herrera, xunto ao instituto 12 de Outubro.
A carreira popular da Ponte obrigará a cortes de tráfico o domingo
O percorrido continuará pola avenida de Santiago, rúa Basilio Álvarez, avenida das Caldas, rúa Jose Antonio Moretón, rúa do Ribeiriño, de novo pola avenida das Caldas, rúa Mercado, rúa Rosalía de Castro e rúa Vicente Risco, até a rotonda e regreso á meta na rúa Francisca Herrera.
O dispositivo da Policía Local contempla o corte da rúa Francisca Herrera desde as 8.00 horas. No resto das vías afectadas, o corte comezará a partir das 10.00 horas. En todo momento permanecerá libre o acceso á estación intermodal.

Como vías alternativas, a Policía Local recomenda desviar os vehículos que circulen pola avenida de Santiago cara ao centro pola rúa Rey Soto. Para acceder á N-525 ou á N-120, os condutores deberán utilizar a rúa Río Arnoia. Ademais, quen queira chegar á avenida de Santiago desde Basilio Álvarez ou desde a Ponte Nova poderá facelo por Basilio Álvarez – Eulogio Gómez Franqueira – Río Arnoia, ou ben por avenida de Marín – Ático Noguerol, respectivamente.